Web de MOV-S 2012

O MOV-S, Encontro Internacional de Danza e Artes do Movemento celebra a súa próxima edición en xuño de 2012, na cidade de Cádiz. Para este evento, organizado polo Mercat de les Flors de Barcelona, xa nos encargáramos da creación da súa imaxe, para a cal realizamos un traballo de lettering específico, inspirado en tipografías monolineais e con certos rasgos futuristas. Agora aplicamos esta imaxe á súa web, tamén construída en sic-lab, que se desenvolve a partir dunha portada moi dinámica onde se dan encontro as diferenetes liñas de investigación que sustentan o proxecto.
“MOV-S” holds its next edition in June 2012 in the city of Cadiz. For this event, organized by the Mercat de les Flors of Barcelona, we were responsible for the creation of his image, which perform a specific job lettering inspired by monoline typefaces tinged with futuristic. Now apply this picture to their web, also built in sic-lab, which develops from a dynamic cover where the different lines of research supporting the project.
admin @ 16:31 Febreiro 7, 2012
Novos traballos multimedia
Presentamos os últimos traballos multimedia do estudio. Elaboramos o logotipo e a web de Crecente y Fuertes Arquitectos, deseñando a estructura a partir do máis característico da súa obra: bloques brancos, duros, e ao mesmo tempo líquidos, constrúen unha arquitectura que xoga co opaco e o transparente.
Para a Concellería de Cultura de Santiago desenvolveuse un espazo para as publicacións multimedia: e-auditoriodegalicia, un espazo de investigación sobre a
edición dixital e de reflexión sobre as posibilidades de
difusión dos proxectos e exposicións que
se realizan
no Auditorio. Para este proxecto adaptamos o catálogo multimedia dos Premios Auditorio elaborado no 2009, e creamos un microsite para a exposición Casus Belli. Refutación do contexto onde o publico pode escoller entre diferentes formatos (e-books, pdf ou flash) para ver e leer o catálogo. Neste caso, inclusive se abre a posibilidade, a partir dun manual de construción, de autoeditar a publicación. Recentemente, publicouse o microsite que recolle a sétima edición dos Premios Auditorio de Galicia celebrados en novembro de este ano.
En fase beta podedes ver o site de Galitoon, empresa galega que crea mundos incribles por medio de diversas técnicas: de títeres bunraku, títeres de varilla, bocones, etc. Para presentar a fauna destes creadores elaboramos tamén pequenas pezas dos personaxes en movemento.
admin @ 13:35 Decembro 22, 2011
MOV-S 2012

O MOV-S, Encontro Internacional de Danza e Artes do Movemento celebra a súa próxima edición en xuño de 2012, na cidade de Cádiz. Para este evento, organizado polo Mercat de les Flors de Barcelona, encargáronnos a creación da súa imaxe e comezamos construíndo unha gráfica a partir dun lettering específico, inspirado en tipografías monolineais e con certos rasgos futuristas que busca transmitir dinamismo e fluidez.
El MOV-S, Encuentro Internacional de Danza y Artes del Movimiento celebra su próxima edición en junio de 2012, en la ciudad de Cádiz. Para este evento, organizado por el Mercat de les Flors de Barcelona, nos han encargado la creación de su imagen y comenzamos construyendo una gráfica a partir de un lettering específico, inspirado en tipografías monolineales y con ciertos rasgos futuristas que busca transmitir dinamismo y fluidez.
admin @ 17:06 Novembro 14, 2011